Lugo aposta pola mobilidade sostible: 14 quilómetros da senda verde ciclista

O Goberno de Lara Méndez a través dos fondos DUSI está a executar un carril bici que busca executar un carril bici que unirá 8 barrios coa contorna do río Miño buscando mellorar os hábitos de saúde e a recuperación de espazos sostibles.

O carril bici impulsado pola alcaldesa Lara Méndez quere mudar a mobilidade da cidade para crear alternativas saudables, recuperando espazos para os peóns e as bicicletas e reducindo o uso dos vehículos para acadar un modelo de urbe sostible e moderna que está no corazón do proxecto de cidade da alcaldesa mais tamén en consonancia cos obxectivos da Unión Europea e como fixan os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. É ademais un proxecto vencellado á unión de 8 barrios da cidade coa contorna do Miño para que os e as lucenses deixen de vivir ás costas do enclave fluvial, unha das máis importantes demandas cidadás.  

Son 14 quilómetros que se constrúen en zona DUSI porque se executan con fondos europeos para ese fin e, en vindeiras fases, o carril estenderase cara outras zonas como é a universitaria.  

 Polo momento ningún dos tramos do carril bici están en uso xa que están aínda en construción, e se está a realizar un control das obras para mellorar a seguridade onde sexa necesario realizalo, así como estudar as peticións da veciñanza. 

As zonas específicas e segregadas de carril bici diferenciaranse porque irán en cor verde nun percorrido de 7 quilómetros, e no resto do itinerario convivirán o tráfico e o tránsito de bicicletas, onde a velocidade máxima dos vehículos se reducirá un 20%. 

O obxectivo é crear unha senda verde segura para que os e as lucenses poidan utilizar a bicicleta no seu día a día, e non só como un deporte de ocio.  

Son 14 quilómetros que se constrúen en zona DUSI porque se executan con fondos europeos para ese fin, pero en vindeiras fases o carril estenderase cara a outras zonas como é a universitaria.

Polo momento, ningún dos tramos do carril bici están en uso, xa que están aínda en construción, e se está a realizar un control das obras para mellorar a seguridade onde sexa necesario realizalo, así como estudar as peticións da veciñanza.

As zonas específicas e segregadas de carril bici diferenciaranse porque irán en cor verde, ao redor de 7 quilómetros, e no resto do itinerario convivirán o tráfico e o tránsito de bicicletas, onde a velocidade máxima dos vehículos se reducirá un 20%.

O obxectivo é crear unha senda verde segura para que os e as lucenses poidan utilizar a bicicleta no seu día a día, e non só como un deporte de ocio.